O alcalde de Ames reúnese coa Garda Civil para pedir máis seguridade para o Milladoiro.

0

O alcalde de Ames, José Miñones, reuniuse co Tenente da Garda Civil para pedirlle máis seguridade e anunciarlle que convocaría a Xunta Local de Seguridade para o mes de outubro. 

Ames, 04/09/2016 – A Garda Civil detivo nas últimas horas a tres persoas que presuntamente cometeron unha serie de roubos con forza no Milladoiro en perruquerías, centros de estética e unha ludoteca. Aos tres imputados se lles atribúen presuntamente sete delitos de roubo con forza, tres deles en grado de tentativa, segundo informou a Benemérita. A Garda Civil non descarta que nas vindeiras horas se lles poidan atribuír outros actos criminosos, entre eles roubos no interior de vehículos. Os supostos autores operaban, segundo as mesmas fontes, baixo o mando dun deles que xa ten antecedentes. O grupo de delincuentes se autodenominaba “Los Águilas”.

Estes feitos provocaron que o alcalde de Ames mantivera unha reunión co Tenente da Garda Civil do Milladoiro. Na devandita xuntanza, o Tenente informou ao alcalde sobre as últimas investigacións que se estaban realizando e lle dixo que pese a estes sucesos a actividade delituosa no Milladoiro non é preocupante. Pola súa banda José Miñones aproveitou para pedir máis seguridade para a zona e o incremento dos efectivos da Garda Civil en Ames. Miñones anunciou ademais que se convocará unha reunión da Xunta de Seguridade para o mes de outubro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial