O alcalde de Frades reúnsese co conselleiro de Medio Rural

0

Frades, 25 de abril do 2019 –  O alcalde de Frades, Roberto Rey, mantivo unha reunión de traballo co conselleiro do Medio Rural, José González, na que avanzaron en temas relacionados co sector lácteo, agrícola e forestal do municipio.

Así, o rexedor trasladoulle ao conselleiro a relación de pistas de acceso a explotacións agrogandeiras e forestais de Frades para as que solicita unhas actuacións de mellora. Rey Martínez trasladoulle ao conselleiro a realidade do concello, municipio pequeno pero que ten toda a súa superficie concentrada, polo que ten que manter unha rede de camiños de titularidade municipal de máis de seiscentos quilómetros de lonxitude.

Un traballo para o que tamén lle propuxo a posibilidade de adquirir un novo tractor que acometa labores de roza.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial