O alcalde de Noia, Santiago Freire, reuniuse co vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda

0

Noia, 8 de novembro do 2018 –  O alcalde de Noia, Santiago Freire, e a concelleira de Medio Ambiente, Ángela Neri, mantiveron unha reunión co vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda.

Na reunión tratáronse tres temas principais con Alfonso Rueda: a incorporación de Protección Civil de Noia ao mapa de emerxencias deseñado pola Xunta, a rehabilitación da sobrecuberta e fachada da Casa Consistorial e a adquisición dun novo vehículo para a Policía Local.

O alcalde de Noia, Santiago Freire, explica que “plantexámoslle ao vicepresidente que, agora que están prevendo reforzar determinadas localidades dentro do sistema de emerxencias deseñado hai cinco anos, tivera en conta que Noia xa conta cunhas importantes infraestruturas e persoal, polo que poderíamos converternos nun punto intermedio entre os parques de bombeiros de Arousa Norte e os GES de Muros e Brión. Isto sería moi positivo para a nosa comarca, pois a veciñanza tería unha resposta moito máis áxil e os tempos de resposta serían moito máis curtos”. Alcalde e concelleira explicáronlle ó vicepresidente que Noia xa conta cunhas importantes infraestruturas, instalacións e persoal preparado para prestar este servizo, lembrando os 90.000 euros investidos hai pouco máis dun ano nas instalacións. Tamén propuxeron que a Xunta asumira parte do custo do persoal e mellorará aínda máis as instalacións.

Casa consistorial

O proxecto de mellora da Casa Consistorial foi outro dos temas tratados., Está orzamentado en 45.000 euros e sería cofinanciado polo Concello de Noia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que achegaría entre o 70 e o 80% do custo. As actuacións centraríanse na adaptación das dependencias municipais do baixo cuberta, así como na mellora da fachada do inmoble. “Hai un ano fixéronse melloras na primeira planta. Agora queremos actuar no baixo cuberta para mellorar as condicións de iluminación e ventilación das dependencias municipais, así como na fachada da Casa do Concello, sobre todo agora que se acaban de facer actuacións de limpeza e acondicionamento do convento dos Franciscanos”, explica Freire Abeijón.

Novo vehículo para a Policía Local

A última das demandas de alcalde e concelleira foi a necesidade dun novo vehículo para a Policía Local. Unha adquisición que suporía un gasto duns 30.000 euros, que serían financiados polo Concello de Noia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. O alcalde noiés considera que o encontro co vicepresidente da Xunta foi moi positivo porque “estamos a falar de tres actuacións importantes para a veciñanza e porque suporía conseguir unha financiación que liberaría recursos das arcas municipais para acometer outros proxectos de mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas de Noia”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial