O alcalde de Oroso reuniuse cos traballadores do transporte de SOGAMA

0

Oroso, 3 de maio do 2019 – O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, reuniuse cos traballadores de transporte de SOGAMA, en folga para denunciar as malas condicións laborais.

Mirás, que é tamén vicepresidente da Fegamp, estivo acompañado polos concelleiros Luis Rey e Vanesa Boo. O obxecivo do encontro mostrar o seu apoio e coñecer de primeira man a situación dos empregados que transportan o lixo a SOGAMA.

 A empresa Transportes Pacholo despediu a oito traballadores en resposta ás denuncias que os empregados fixeron, pero os seus representantes consideran que non é unha decisión da compañía senón de “Copasa, Sogama e a Xunta. Falamos dun servizo público, é lamentable que a Xunta permita que traballen nestas condicións, mentres despois fai propaganda sobre unha rebaixa ficticia no recibo do lixo aos concellos”, explicou Mirás.

O alcalde e vicepresidente da Fegamp comprometeuse diante dos traballadores a seguir a evolución do conflicto, “apoiando sempre as reivindicacións dos empregados, que o único que queren e traballar nunhas condicións dignas”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial