O alcalde de Santiago visitou os centros de investigación da USC

0

Compostela, 31 de xullo do 2018 –  A rede de centros singulares de investigación de Campus Vida recibiu a visita do alcalde do concello de Santiago, Martiño Noriega Sánchez, a quen acompañou o reitor Antonio López Díaz.

No encontro co alcalde participaron ademais o vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri, e o concelleiro de Medio Ambiente, Convivencia e Informática, Xan Duro Fernández. A visita comezou no Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información (CiTIUS) e incluía un percorrido polos laboratorios dos de Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS), en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS); e de Biomedicina Experimental (CEBEGA).

Cada unha destas instalacións foi presentada polos seus respectivos responsables, Paulo Félix Lamas (CiTIUS), José Luis Mascareñas Cid (CiQUS), Carlos Diéguez González (CiMUS), e Anxo Vidal Figueroa (CEBEGA). A visita permitiu achegarse ás liñas de traballo dos distintos grupos de investigación que actualmente teñen os seus laboratorios nestas instalacións recoñecidas pola Xunta de Galicia, no caso do de Química Biolóxica e o de Medicina Molecular, como centros singulares de investigación de Galicia ou agrupación estratéxica consolidada, no caso do centro en Tecnoloxías da Información.

Starting Grant

Neste centros, a comitiva municipal puido tamén coñecer de primeira man a investigación de marcado carácter innovador e punteiro dos investigadores recoñecidos polo European Research Council (ERC) cunha axuda Starting Grant. Entre os máis recentes atópanse María Giménez López, José Castro Tubío e Javier Montenegro, aos que se suman Francisco Rivadulla ou José L. Mascareñas, coas súas respectivas axudas na modalidade Proof of Concept e Advanced Grant, respectivamente.

A relación de investigadores que dende 2011 teñan acadado a axuda do Consello Europeo de Investigación situaban en 2016 á USC entre as primeiras universidades de España polo número de axudas Starting Grant acadadas. Ademais dos mencionados, na Universidade compostelá conseguiron financiamento europeo nesta convocatoria os profesores Carlos Salgado, Miguel López, Diego Martínez e Rubén Nogueiras. Dedicadas a investigadores con talento e potencial acreditada, as axudas Starting Grant son un dos programas de financiamento da investigación mellor dotados de Europa. Promóveos o ERC cunha achega por proxecto de arredor de 1,5 millóns de euros para períodos de cinco anos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies