займ срочно

O alcalde Trazo cobrou dietas estando de vacacións

0

Trazo, 15 de xuño do 2018 – O Psoe de Trazo, despois de pedir ao alcalde a devolución das dietas irregulares dos últimos catro anos, confirma que o alcalde presentou xustificantes de días nos que estaba de vacacións e tiña as competencias delegadas.

Tras analizar a documentación proporcionada polo concello, os socialistas de Trazo explican que este é só un dos moitos exemplos de irregularidades nas dietas cobradas polo alcalde. As probas foron postas en coñecemento da Valedora do Pobo e do Consello de Contas de Galicia.

Beatriz Domínguez, portavoz socialista, explica que  “o caso de Lourdes é o exemplo máis flagrante de que os pagos de dietas no Concello de Trazo se teñen efectuado sen a súa necesaria fiscalización e sen ningún tipo de documentación acreditativa máis aló do que poñía o señor Dafonte nun papel”. De acordo coa documentación facilitada polo propio Concello de Trazo ao grupo municipal socialista, Xosé Dafonte cobrou sendas dietas por unhas supostas viaxes á Dirección Xeral de Urbanismo (o 30 de agosto de 2016) e a Augas de Galicia (o 31 de agosto de 2016) que nunca tiveron lugar, xa que neses días tiña delegadas as súas funcións como alcalde por estar de vacacións, tal e como se pode comprobar no decreto publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 166 do 1 de setembro de 2016 (http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2016/09/01/2016_0000007143.html).

O alcalde de Trazo na viaxe a Lourdes pola que pasou dietas

O alcalde de Trazo na viaxe a Lourdes pola que pasou dietas

“É evidente que o señor Dafonte mentiu e esta vez non poderá dicir que son invencións dos socialistas para quitarlle a Alcaldía, mentira que repite nos medios de comunicación cada vez que comete unha irregularidade. Nesta ocasión non só hai un Decreto da Alcaldía de delegación de funcións, asinado por el mesmo, senón que hai fotos e son moitos os veciños e veciñas de Trazo que poden acreditar que o señor Dafonte estaba canda eles de excursión en Lourdes e no País Basco, e non reunido na Xunta de Galicia”, apunta Beatriz Domínguez.

A concelleira asegura que “Dafonte volve a mentirlle á veciñanza cando di que ao mellor non ten un ticket dunha comida concreta. A verdade é que non presentou nin un só ticket, factura ou xustificante das súas viaxes nos últimos 4 anos. Non estamos en contra de que o alcalde cobre as dietas que lle correspondan, sempre que sexa traballando para os veciños e veciñas de Trazo. Pero a lei esixe que haxa unha xustificación documental. E no Concello de Trazo non é que falte unha factura, como di Dafonte, é que non hai nin a primeira”.

Cobros dobres e en fin de semana

Os socialistas explican máis irregularidades detectadas na documentación. Cobrou por dous desprazamentos feitos no mesmo día a Coruña cando a lei só permite un por día. Presentou dietas en fin de semana, tanto en sábado (Deputación (19/04/2014), Dirección Xeral de Patrimonio (30/04/2016) e Augas de Galicia (25/04/2017)) como, o que resulta máis curioso, en domingo (Consellería do Medio Rural (24/01/2016), Augas de Galicia (2/07/2017) ou incendios (10/09/2017)). Pero sen duda a xustificación máis curiosa é a dunha reunión en Augas de Galicia xa que o desprazamento presentado é a cidade da Coruña cando o organismo ten a súa sede en Santiago. Dafonte percibiu ademais, cando menos, 5 dietas máis por visitas a Administracións coincidindo coa celebración de Plenos da Corporación Municipal de Trazo, que el mesmo preside. “Chama a atención que o señor Dafonte poida estar ao mesmo tempo reunido na Deputación da Coruña e presidindo o pleno municipal”, ironiza Beatriz Domínguez, “aínda que peor é o caso do 18 de agosto de 2016, día no que tivo lugar unha visita institucional do presidente da Deputación a Trazo e na que o alcalde estivo presente durante toda a mañá. Sen embargo, o señor Dafonte cobrou como se estivera reunido en Augas de Galicia”.

As denuncias socialistas e a petición de devolución xa tiveron unha primeira consecuencia  como explica a portavoz Beatriz Domínguez “o noso traballo e esforzo xa pagou a pena porque conseguimos que o gasto se reducira considerablemente, pois dende que comezamos a pedir ver a documentación xustificativa das dietas Dafonte pasou de cobrar nun mes case mil euros a non chegar aos 500”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies