займ срочно

O Aluminios Cortizo na primeira proba da Copa de España

0

Padrón, 23 de febreiro do 2019 – O Club Ciclista Padronés Aluminios Cortizo participa esta fin de semana na primeira proba da Copa de España que se disputa en Badajoz.

O Aluminios Cortizo aliña un equipo con 2 corredores  Sub25, o  avulense Carlos  Gutierrez e o corredor de Porto do Son Anxo Lorenzo, actual campión galego en ruta e 5 corredores  Sub23, Carlos Blanco, Pelayo Mosteiro, Guillermo Mallo, Iñigo  Rodriguez e Raúl  Gonzalez.

O equipo de Blanco Villar afronta esta primeira proba moi ilusionado polo bo papel no Memorial  Sanroma, onde participaron nas escapadas principais de ambas as xornadas.

O percorrido do Circuíto  Guadiana convida, en principio, a unha chegada en grupo. Son 4 voltas a un percorrido practicamente chairo de 171  kilómetros onde o alto de  Magacela cos seus 2  kilómetros e ramplas de ata o 16%  será o único escollo para seleccionar o grupo.

O pasado ano o corredor de Vigo, Raúl González, agora nas filas do Cortizo foi o gran protagonista da proba ao ir en fuga case toda a carreira e foi absorbido polo pelotón na última subida a  Magacela.

O  sprinter de Mos, Iñigo  Rodriguez, Anxo Lorenzo ou o propio Raúl  Gonzalez serán as bazas do equipo de Padrón no inicio desta Copa de España.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies