O Ano Santo 2021 é unha prioridade para Feijoo e Bugallo

0

Compostela, 9 de xullo do 2019 – O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantiveron unha reunión na que o vindeiro Ano Santo foi un dos eixes centrais da conversa.

O alcalde fora convocado no Museo das peregrinacións, na praza de Praterías, o que xa era por si mesmo un xesto. O Presidente da Xunta comprometeuse a que no Ano Santo 2021 estean rematadas a intermodal, a Cidade da Xustiza, as obras de rehabilitación da Catedral, as infraestruturas da Cidade da Cultura e a integración paisaxística das entradas á cidade dos diferentes Camiños de Santiago. Bugallo pola súa parte explicaba que “é un gran reto que temos que asumir as dúas administracións. Por parte da Xunta de Galicia quedou clara a vontade do presidente, e por parte do Concello de Santiago tamén vai ser así, imos por toda a carne no asador, a deixar a pel para garantir que sexa un grande éxito”. O alcalde lembrou que os dous Anos Santos, o de 2004 e o de 2010, nos que xa existira colaboración, “foron dous grandes éxitos para Galicia e para Santiago. E dende logo, 2021, despois de once anos sen Anos Santos, debe ser un éxito aínda maior”.

reunon co Ano Santo como eixe central

O titular do Goberno galego reúnese co alcalde de Santiago de Compostela

Política industrial

Outro dos asuntos tratados foi a política industrial. Para Sánchez Bugallo, un dos grandes retos de da Xunta e do Concello de Santiago “é ampliar a base económica do noso país e da nosa cidade”. Sinalou que “queremos traballar e colaborar activamente no desenvolvemento da actividade industrial”, con iniciativas como un hub teconolóxico, e en áreas como a biotecnoloxía ou o cluster da madeira, con iniciativas “orientadas a captar e a facilitar a implantación de empresas en Santiago”.

Explicou o alcalde que “imos establecer unha estreita colaboración na que imos por sobre a mesa todos os activos dos que dispomos: solo industrial, convenios fiscais, tramitación de licenzas, formación, etc”, co obxectivo de facilitar a implantación de novas empresas en Santiago. Núñez Feijóo coincidiu co rexedor na competitividade do municipio para a instalación industrial, e saudou “o interese do alcalde en axilizar as licenzas, claves para dar seguridade”.

O titular do Goberno galego reúnese co alcalde de Santiago de Compostela

O presidente da Xunta sinalou que toda “colaboración en materia de coordinación para captar investimentos para a cidade de Santiago ten a garantía do IGAPE, “porque temos que recuperar o tempo perdido en canto a industrialización se refire”.

Actuacións en marcha

Núñez Feijóo agradeceu ao alcalde a súa colaboración e explicou que informara a Sánchez Bugallo de como están as actuacións que o Goberno galego está acometendo en Santiago. Entre os compromisos tratados co rexedor citou a licitación no último trimestre deste ano da residencia da terceira idade, de 120 prazas, cun investimento de nove millóns de euros; a ampliación do Complexo Hospitalario de Santiago en 27.000 metros cadrados; e a reforma e ampliación do centro de saúde de Conxo que, dixo, están valorando.

En relación á USC, falaron da aportación da Xunta de Galicia para a remodelación e actualización das infraestruturas, un asunto que vai tratar co reitor nunha reunión convocada para as próximas semanas. Trasladoulle tamén ao alcalde as actuacións que a Xunta está a realizar nos colexios de Lamas de Abade ou Politécnico, e a próxima rehabilitación do CEIP Raiña Fabiola.

Outra cuestión citada por Núñez Feijóo foi o grao de execución da intermodal, cun 20% da obra no que se refire á estación de autobuses e co comezo dos traballos da pasarela que a une coa estación de tren. Apuntou como obxectivo que as obras estean rematadas para o Ano Santo. Engadiu que é favorable a modificar os accesos á Intermodal, nos que está traballando un equipo técnico do Concello para ter listo o proxecto no mes de setembro. Tamén apuntou o mantemento do compromiso de financiamento da Xunta coa depuradora da Silvouta, o obxectivo de rematar Cidade da Cultura para o Xacobeo do 2021; e aposta a disposición do Concello dunha guía xa elaborada pola Xunta para a extensión da fibra no casco histórico.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial