O Apalpador pasará por Compostela o día 21

0

Compostela, 7 de decembro do 2018 – A Escola de Ensino Galego Semente de Compostela lanza nas redes sociais a campaña “Xa vén o  Apalpador!” con  dous vídeos,  unha obra de  Títeres, carteis e folletos informativos.

O  Apalpador

A Semente presenta este mes de decembro, coa  colaboración do Concello de Compostela, un proxecto de  animación e socialización da figura infantil do  Apalpador, para fomentar o coñecemento e a visibilización de esta tradición sobre o xigante do  Courel.

O  Apalpador é un dos seres fantásticos máis importantes do imaxinario colectivo infantil en Galicia. Hai dez anos o Centro Autoxestionado do Pichel dou a coñecer esta lenda e en este tempo a lenda pasou de ser  unha figura case inédita, un obxecto da  etnografía, a ser un dos principais referentes culturais da  infancia, presente nos colexios,  asociacións e eventos culturais de distintos lugares.

O  Carvoeiro  Apalpador, que está ligado á  tradición do Nadal, representa  unha figura mítica e máxica que baixa do  Courel a noite do  solstício de  inverno, o 24 de decembro, e visita ós nenos, deixándolles  unha presa de castañas e eventualmente algún presente, desexando un ano cheo de fartura e felicidade, palpándolles a  barriguiñaa murmurando “Así esteas todo o ano”

Un proxecto  cidadán colectivo

Os últimos anos son moitos os proxectos que traballan na recuperación de festas tradicionais galegas, documentadas máis en risco de desaparición en moitos casos. Algúns exemplos destas festas propias da cultura galega que hoxe se  están tentando recuperar inclúen os Maios, o  Samain e, con certeza, o  Apalpador.

A Semente leva seis anos a organizar a  Ruada do  Apalpador en Compostela. Este ano presenta este proxecto para difundir a figura do  Apalpador e crear un proceso de  dinamización da  fantasía. En este proxecto colócase a lingua galega como un dos temas centrais da campaña, co obxectivo de mellorar as actitudes lingüísticas e fomentar o uso do galego entre os nenos  non galego – falantes habituais.

Actividades os días previos

Este proxecto ten como obxectivo  dinamizar as semanas previas á  Ruada do  Apalpador con distintas intervencións dirixidas a convocar a  participación das familias na  Ruada do  Apalpador, na tarde de 21 de decembro.

As primeiras accións serán visitas do  Apalpador aos Centros cívicos, entre os días 12 e o 20, acompañadas  dunha obra de  títeres, “A  nena e o  Apalpador”, da compañía “A  Xanela do  Maxín”. Ademais, este ano a Semente presenta a  Canción do  Apalpador, interpretada por Luís  Vallecillo, a través dun  videoclip gravado no  Courel en cuxa  realización participaron máis de 20 artistas,

Alén disto, a semana previa as redes sociais  recibirán o vídeo “O  Apalpador sae do  Courel”, unha curta informativa dando a noticia de que o  Carvoeiro sae dos  soutos do  Courel e se dirixe a repartir os presentes por Compostela e o resto do país.

O 21, a  Ruada do  Apalpador

 A  ruada do  Apalpador  supón un  intento de introducir no  ámbito urbano  unha  celebración propia da nosa cultura e ofrecer  unha alternativa a outras  tradicións de orixe  foránea que  sustituen pouco a pouco os costumes galegos. Ao mesmo tempo, esta actividade  é  unha oportunidade para as familias da cidade se coñeceren, gozaren xuntas e estabeleceren lazos entre elas, e reforzar deste xeito o tecido social da comunidade.

A Semente, un proxecto  autogerido

A Semente é  unha asociación sen ánimo de lucro que  impulsa un proxecto de  inmersión lingüística que conta con tres centros educativos en Compostela,  dous centros de 2 a 6 anos e un centro de ensino primario. A Semente é  un proxecto educativo  autogerido e sen  ánimo de lucro, que toma o seu nome das Escolas de Ensino Galego creadas a comezos do século XX  polas  Irmandades da Fala.  Actualmente hai Sementes en Vigo,  Trasancos, Lugo e hai activistas a organizárense para abrir Sementes en Ames, a Coruña, Ourense  e Pontevedra.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial