O Ateneo recibe a María Xesús Lama para falar de Rosalía de Castro

1

Compostela, 26 de xaneiro do 2019 – Rosalía de Castro será a protagonista do próximo Luns do Ateneo cunha charla da profesora da Universidade de Barcelona María Xesús Lama.

O pasado 8 de novembro, o Xurado designado polo Ministerio de Cultura do Goberno de España decidiu conceder o Premio Nacional de Ensaio á Doutora María Xesús Lama (Lugo, 1964), Profesora de Literatura Galega na Universidade de Barcelona, polo seu libro Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863), publicado pola Editorial Galaxia.

O traballo premiado aborda a biografía de Rosalía dende o seu nacemento ata a publicación de Cantares gallegos (1863); na actualidade, a profesora Lama prepara a segunda parte desa biografía, que se ocupará da etapa en que a autora de Follas novas acada a súa consagración como figura fundamental das nosas letras, ata o seu falecemento en 1885.

Este próximo luns, 28 de xaneiro, a Profesora Lama intervirá en “Os Luns do Ateneo”, na sala de Afundación (Rúa do Vilar, 19), ás 20.00 horas, cunha conferencia titulada “Rosalía de Castro: en busca da biografía perdida”.

Share.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial