O Atlética A Silva Ordes segue recollendo medallas

0

Ordes, 20 de febreiro do 2019 – O Atlética A Silva Ordes segue a demostrar o bo nivel dos seus atletas recollendo medallas en campionatos galegos.

O  Atlética A Silva destaca a actuación de Ana María Abuín Pazos (F55) e de Xosé Manuel Núñez Sánchez (M50) tras acadar cadansúas medallas de ouro no Campionato de Galicia de Péntatlon de Lanzamentos Máster. Unha cita na que Carlos Vera Domínguez (M50) obtivo o bronce. Por outra banda, Daniel Loureiro Mosquera foi o primeiro clasificado en lanzamentos longos (S18 e S16), mentres que Arantxa Ferreiro Figueira (S16) e María Pena Ferreiro (S18) finalizaron en segunda posición. Precisamente esta última trasladarase esta vindeira fin de semana a Castelló para participar no Campionato de España de Lanzamentos Longos.

Por outra banda, Icía Ares Betanzos (categoría alevín feminina) rematou en sexta posición xa no que se refire ao Campionato Galego de Campo a Través que tivo lugar en Pereiro de Aguiar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial