O Auditorio de Galicia estrea butacas na sala Ángel Brage

0

Compostela, 1 de febreiro do 2019 – 30 anos despois da súa apertura, no ano 1989, o Auditorio de Galicia renovou as butacas da sala Ángel Brage que se estrearon onte no concerto da Real Filharmonía.

O alcalde da cidade e presidente do Consello Reitor do Auditorio, Martiño Noriega, visitou pola mañá a sala acompañado do director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López; e membros do Consellor Reitor (Goretti Sanmartín do BNG; María José Castro do PP; e Gonzalo Muíños do PSOE).

O cambio de butacas está recollido no plan director redactado polo Consorcio de Santiago para o edificio e a inversión final foi de 272.957,40 €. Foi acometido pola Sociedad Cooperativa Obrera Ezcaray  (Ezcaray Internacional), que gañou o concurso por procedemento aberto mediante o cal se licitou o contrato.

Máis cómodas e con mellores espazos para as persoas con mobilidade reducida

As novas butacas mellorarán a experiencia dos e das espectadoras xa que son máis cómodas e confortables. Ademais, supoñen unha adaptación da sala aos cambios producidos no marco normativo de seguridades estes últimos 30 anos e a súa distribución e materiais respectan a acústica da sala. Aproveitouse tamén o cambio de butacas para cambiar elementos auxiliares, moqueta e luces.

Para os tapizados das butacas escolléronse diferentes cores colocadas de xeito estratéxico para minimizar os efectos ópticos da pendente da sala. Para facer iso, optouse por incorporar a gama cromática das cores oficiais da cidade, sen romper a estética da sala e mantendo a cor vermella como a predominante.

Ademais das butacas extraíbles sobre o foso da orquestra, agora tamén se poderán retirar unha serie de butacas no fondo da sala para poder instalar unha mesa accesoria de son, iluminación ou outros recursos escénicos.

Co cambio, mellórase a accesibilidade da sala e adáptase o 1% do espazo para cadeiras de rodas en lugares de moi boa visibilidade, nas filas centrais. Ademais, as butacas contiguas a eses espazos terán repousabrazos abatibles para permitir o acceso ás mesmas ás persoas con mobilidade reducida.

A sala terá agora un aforo de 996 persoas, contando con 986 butacas e espazo para 10 cadeiras de rodas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial