O Baxi Manresa venceu ao Monbus Obradoiro no último segundo

0

Compostela, 11 de marzo do 2019 – O  Monbus Obradoiro caeu por 75 a 72 ante o  BAXI Manresa nun partido marcado pola igualdade no marcador e que se decidiu nos instantes finais do encontro.

Partido de concentración

ACB Photo – J Alberch

Foi un partido que se decidiu nun final a cara ou cruz no que o  Monbus Obradoiro estivo concentrado desde o minuto uno. Os de Moncho Fernández sabían que sería un partido duro, e do complicado da cancha do Baxi, pero afrontárono con esforzo e garra, permitindo que se mantivese igualado ata o final.

Entre os  obradoiristas destacou o pivote Nacho  Llovet, que terminou o encontro con 18 puntos e 7 rebotes, que non foron suficientes para que o seu equipo levase a vitoria.

Desacerto desde 6,75

Non estivo acertado o conxunto compostelán desde a liña de 6,75, anotando sete tiros dos 27 tentados. A falta de tres minutos, tentárono  Sàbat e  Kostas desde o triplo, con catro intentos na mesma xogada grazas a recoller catro rebotes de ataque, pero non entraron no momento clave do partido.

A batalla do rebote

ACB Photo – J Alberch

A pesar de que a batalla do rebote quedou practicamente igualada, con 37-36 a favor dos cataláns, foi o rebote ofensivo o que fixo moito dano ao  Monbus Obradoiro, dando segundas opcións ao seu rival. Foi neste terceiro cuarto cando os de Moncho Fernández tiveron o seu mellor momento defensivo, cun gran traballo na media pista, pero esta sangría no rebote non permitiu obter vantaxe e Manresa soubo aproveitalo.

Imparable  Lalanne na pintura

No partido da primeira volta en Sar, aos  obradoiristas custoulles tentar parar a un gran  Toolson, pero nesta ocasión fíxose grande na pintura  Lalanne, que anotou 12 puntos e capturou nin máis nin menos que 10 rebotes que axudaron a dar a vitoria ao seu equipo.

ACB Photo – J Alberch

O  Monbus Obradoiro regresa a Santiago de Compostela e comezará hoxe unha nova semana de traballo para preparar o partido do próximo sábado, ás 20:30 horas, recibindo ao Divina Seguros  Joventut en Sar.

ACB Photo – J Alberch

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial