O BNG abandona o pleno de Frades polo bloqueo da secretaria á entrega de documentación

0

Frades, 15 de setembro do 2018 – O concello de Frades vive un bloqueo de documentación por parte da secretaria que desde marzo non entregou nin unha soa acta de goberno.

O problema remóntase ao mes de abril cando incorporouse ao posto de secretaria interventora unha nova funcionaria. Desde ese mes deixáronse de entregar non só as actas se non certificados e licencias de distinto tipo. José María Pérez, voceiro do BNG, explicaba na súa intervención antes de abandonar o pleno o malestar dos veciños por esta situación

O propio alcalde, Roberto Rey, dicía entender a postura da oposición xa que eles tamén se atopan na mesma situación pese a que tódalas semanas reitéranlle verbalmente a secretaria interventora que entregue as actas

Roberto Rey explicou tamén  que se o PP non abandonou tamén a sesión foi porque o concello non pode parar e hai decisións que non admiten retrasos.

A situación

Según distintas fontes consultadas por Lindeiros.gal a situación deriva ao cen por cen da actitude da secretaria. Presuntamente é unha actitude similar á que mantivo en anteriores concellos onde estivo destinada. Non se trata só da non entrega da documentación xa que tamén hai constantes enfrontamentos co persoal que presentou unha denuncia conxunta por acoso, pola vía penal, que está actualmente en trámite. A funcionaria ten aberto un expediente sancionador que está pendente de que sexa nomeado un instrutor, o que podería suceder nas vindeiras semanas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial