O BNG ten a chave do goberno de Teo

0

Teo, 5 de xuño do 2019 – Teo sempre se distinguiu por non facer que as cousas foran sinxelas, desde converter a construción dun cemiterio nun conflito de anos ata borrar en horas a posibilidade dun goberno de coalición xa pactado, agora tócalle ao BNG escribir o guión  da película de tempada.

Actualización 21:00 horas: despois da primeira reunión a tres bandas todo segue igual, será o BNG o que teña que decidir a quen apoia aínda que no comunicado emitido despois do encontro os nacionalistas recoñecen “estar sorprendidos pola postura de conforntación do Psoe” e instan a ambos os dous grupos a chegar a acordos.

Como hai moitos anos os comunicados dos partidos comezan a chegar as redaccións sen aportar moito. O emitido polo BNG valora os resultados como satisfactorios ao tempo que extrae deles que os veciños queren outro xeito de facer política. A asemblea local, según o comunicado, pide un goberno progresista que deixe unha lexislatura máis ao PP fora do concello. Para conseguilo piden as outras dúas forzas que se comprometan, pide diálogo e deixa polo momento sen resolver a quen apoiarían nunha investidura.

O Psoe, forzando o análise dos resultados, cre que a caída en votos de Son de Teo quere dicir que Rafa Sisto non pode ser alcalde. A asemblea local considera que os máis de mil votos conseguidos proceden de Son de Teo e polo tanto Uxía Lemus ten que ser a nova alcaldesa. En todo caso os socialistas tamén falan dun goberno estable e de esquerdas pero queren que se valore a súa proposta.

Son de Teo xa avanzou hai días que como segunda forza máis votada por detrás do PP buscarán a continuidade de Sisto como alcalde. Non consideran outra opción e sentaranse a falar co Psoe e BNG para formar un goberno pero sen ter nada decidido sobre a configuración que terá excepto o cargo de alcalde.

Vistas as posturas resulta evidente que pensen o que pensen Psoe e Son de Teo serán os nacionalistas representados por Manuel Fernández e Carmen Diéguez os que teñan que resolver a cuestión da alcaldía. As opcións son un tripartito, Psoe e BNG en minoría con acordos puntuais ou BNG e Son de Teo en minoría con acordos puntuais. ou Psoe e Son de Teo en minoría con acordos puntuais; en Teo as cousas nunca son sinxelas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial