займ срочно

O Camiño de Santiago en cadeira de rodas eléctrica

0

Compostela, 10 de xullo do 2019 – Percorrer os 790 kilómetros que separan Roncesvalles de Santiago  de Compostela en cadeira de rodas eléctrica é o reto que Jose Ignacio Fernández y Rubén Zulueta queren completar o vindeiro 25 de xullo.

O Camiño converteuse nos últimos anos nun símbolo de superación. Son moitas a razóns para facelo pero o simple feito de chegar é unha inxección de autoestima para calquera. Agora estes dous enfermos de distrofia muscular queren facelo en cadeira de rodas.

O camiño de Santiago en Cadeira de rodas eléctricaO obxectivo do proxecto Caminus Santiago é dar visibilidade a esta enfermidade dexenerativa. Promover mediante doazóns ( Crowdfunding) a investigación destas enfermidades. E finalmente inculcar a positividade e o optimismo a aquelas persoas que desexan realizar o Camiño de Santiago, e que por motivo da súa enfermidade non se atreven.

Os organizadores, Jose Ignacio Fernández e Rubén Zulueta, buscan elaborar unha guía para as persoas con diversidade funcional que se publicará en formato APP en play store a partir de setembro. Contan coa colaboración da Fundación Isabel Gemio para a investigación de  Distrofias musculares e outras enfermidades minoritarias. Están abertos a máis apoios e pódese contactar con eles por medio das redes sociais e nos teléfonos 690 202312 e 682 604268.

Tedes toda a información no seguinte PDF 

CAMINUS
Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies