O Campus de Fútbol da Federación Española escolle Ames

0

Ames, 21 de maio do 2019 – Este verán, o concello de Ames convertese nun dos municipios elixidos pola Real Federación Española de Fútbol, xunto a Cerceda e Cedeira, para transformarse nunha das sedes do Campus de Fútbol que organiza na provincia.

Ames acollerá este campus entre o 14 e o 27 de xullo. O prazo de inscrición para participar nesta actividade, dirixida a nenos e nenas de 8 a 17 anos, xa está aberto, e pode formalizarse a través da seguinte ligazón (http://inscricion.campusrfef.es). O campus estará dividido nunha primeira quenda, que transcorrerá entre os días 14 e 20 de xullo; e unha segunda, que terá lugar do 21 ao 27 de xullo. Tamén existe a opción de participar na quenda dobre, que se estenderá do 14 ao 27 do mesmo mes. Durante o transcurso desta iniciativa, os diversos profesionais da RFEF combinarán a ensinanza técnico-táctica deportiva coa educación extradeportiva de valores relacionados coa práctica do deporte, co obxectivo de animar aos mozos/as a practicar deporte. O campo do Milladoiro e o colexio de Ventín serán os sitios onde se desenvolva a actividade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial