займ срочно

O candidato socialista en O Pino garante novas alegacións a mina

0

O Pino, 24 de abril do 2019 – O candidato socialista á alcaldía de O Pino, Óscar Vilar, garante que se obtén a confianza dos veciños o 26 de maio fará “novas alegacións en contra da Mina de Touro – O Pino para defender o interese xeral”.

En opinión de Vilar, o informe municipal de O Pino nin defende os intereses da veciñanza nin os bens de titularidade municipal. “O alcalde do PP, Manuel Taboada, limitouse a facer un copia e pega do informe de Touro e non aportou novas alegacións, tan só se limitou a falar de consideracións”, afirma.

Dende que se fixo público o proxecto de reapertura da antiga mina, a oposición social e política en contra desta iniciativa non parou de sumar apoios. A pesares disto, “a Xunta de Galicia segue sen mover ficha e todo parece indicar que ata que pasen as eleccións municipais non se dará a coñecer a Declaración de Impacto Ambiental (DIA)”, apunta o candidato socialista.
Vilar non entende esta desidia por parte do goberno de Alberto Núñez Feijóo e do goberno municipal de Manuel Taboada. “Prodúcense a miúdo verteduras de augas acedas e cargadas de metais pesados aos ríos, a empresa promotora realizou obras sen as autorizacións pertinentes e o proxecto cambia día tras día, un día coñecemos que explotarán prata, o día seguinte falan de cobre… e os nosos gobernantes non moven ficha e actúan de xeito neglixente”, engade.

Os socialistas consideran que todos estes feitos deixan claro a parcialidade do Partido Popular, “non defenden o noso, e pouco ou nada lle importa o relacionado co medio ambiente; ademais, non son transparentes cos procedementos e despois os altos cargos pasan a estar investigados, tendo que ir declarar os xulgados”.

Por estes motivos, Óscar Vilar xa anuncia que se consegue a confianza dos veciños e veciñas de O Pino o vindeiro 26 de maio, unha das súas primeiras medidas será “elaborar un novo informe de alegacións en contra do proxecto mineiro”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies