займ срочно

O CDN presenta no Auditorio de Galicia ‘El bar que se tragó a todos los españoles’

0

Compostela, 15 de abril do 2021 – O Centro Dramático Nacional trae ao Auditorio de Galicia a peza ‘El bar que se tragó a todos los españoles’.

Alfredo Sanzol conta en ‘El bar que se tragó a todos los españoles’ a historia de Jorge Arizmendi, un cura navarro que en 1963, con trinta e tres anos de idade, deixa o sacerdocio e viaxa aos Estados Unidos para mudar de vida. É a súa primeira peza á fronte do CDN.

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou a obra acompañada polo director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, e, de maneira virtual, polo director e autor da obra, Alfredo Sanzol, e as actrices e actor da mesma Natalia Huarte, Nuria Mencía e Jesús Noguero.

‘El bar que se tragó a todos los españoles’ é un relato inspirado na historia do pai do propio director, Alfredo Sanzol, que, tamén en 1963, fixo uso das dispensas promovidas polos papas Xoán XXIII e Pablo VI para abandonar a vida clerical e volver comezar.

Venda de entradas e máis programación

Haberá dúas funcións, venres 16 e sábado 17, ambas ás 18.30 h e cunha duración de 3 horas. As entradas poden adquirirse na páxina web compostelacultura.gal ou no despacho de billetes do Teatro Principal de 18 a 21 h. Se quedaran dispoñibles, tamén o propio día do espectáculo no despacho de billetes do Auditorio de Galicia, desde 1h e media antes do inicio do mesmo. O prezo é de 14 euros, co 50% de desconto para os colectivos habituais.

O espectáculo enmárcase dentro da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura que ofrece nos seguintes días deste mes de abril a Gran Gala do Circo, dirixida a público familiar, ‘Illas desertas’ de Laura Villaverde e Roi Fernández, ‘Soga e cinsa’ de Aporía Escénica, ‘Dosis de Paraíso’ de Sharon Fridman, ‘Bailar agora’ con Marta Alonso Tejada, ‘Catro’ de Caramuxo Teatro e ‘Una noche sin luna’ de Juan Diego Botto dirixida por Peris-Mencheta. En total, o ciclo propón trinta e dous espectáculos ata o mes de xuño, baixo o nome de ‘Viva a escena!’.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies