займ срочно

O CEIP de Mesón do Vento na elite dos centros educativos europeos

0

Ordes, 30 de novembro do 2018 – O CEIP de Mesón do Vento ven de conseguir o Selo Europeo de Calidade en innovación co que só contan o 1% dos colexios do continente.

Grazas a un proxecto sobre gastronomía tradicional o centro público de Mesón do Vento inclúese no mapa do exclusivo programa educativo eTwinnig (European Quality Label). O galardon foi acadado polos profesores da sección bilingüe Xela Cuñarro, Rocío Souto e Alexandro Varela grazas ao seu proxecto ‘What are some traditional dishes of your country?’ (Cales son os pratos tradicionais do teu país?) desenvolvido dende a dita plataforma.

Valéndose dun proxector e un ordenador portátil os alumnos e alumnas do centro realizaron un percorrido polo proxecto para amosárllelo a compañeiros e compañeiras, ademais de a pais, nais e profesorado. Un traballo que, en palabras dos embaixadores eTwinning en Galicia, “fai que este centro entre no grupo de centros eTwinning, que a día de hoxe son un 1% en toda Europa”.

Ademais do cadro directivo do colexio, no acto tamén estivo Javier Vázquez, inspector de Educación, e Susana García, concelleira de Educación do Concello de Ordes. A edil amosou o seu orgullo non só polo premio acadado, senón tamén polo colexio e polo traballo realizado por parte das familias, profesorado e os propios nenos e nenas. Tamén ofreceu súa colaboración e a do Departamento de Educación para colocar no mapa europeo o centro a través de proxectos dese tipo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies