O champiñón foi un ano máis o protagonista en Ordes

0

Ordes, 30 de abril do 2019 –  Chegaron a pouco os máis de 3.000 quilos de que os hostaleiros prepararon, na última xornada de ExpoOrdes, para a festa anual do champiñón.

Un día, como ben manda a tradición, no que o protagonismo está no prato e especialmente neste produto estrela que marcou a pauta na vila. Sen dúbida este ano o tempo axudou a que a cita co champiñón fose un éxito. Bastaba con dar un golpe de vista ao Campo da Feira e demais rúas para ver os bares e terrazas cheas de xente.

Nada máis e nada menos que trinta anos van dende que o municipio leva celebrando esta festa. Non é que sexa unha rivalidade entre barras pero visitantes e veciñanza andan arreo para poder probar o maior número de receitas por bares e restaurantes. Con nata, con allo, en empanada, con xamón, elaborado en queixo…. unha vez máis os profesionais dos fogóns botaron a ferver a súa imaxinación para sorprender á clientela e sorprender as papilas gustativas da clientela. E é que está claro que a Festa do Champiñón ten futuro

Polo que se refire á feira multisectorial ExpoOrdes, ao recinto feiral e á mostra de maquinaria agrícola a afluencia de público foi moito máis que satisfactoria. Moitos e moitas “aproveitaron para vir aquí despois de ir votar”, tal e como se podía oír en multitude de corrillos. E é que polo visto o das eleccións máis que restar sumou asistentes.

ExpoOrdes cerra as súas portas ata o vindeiro ano co obxectivo cumprido. Novamente foi o mellor escenario para darlle visibilidade a todos os expositores tanto de Ordes como da súa contorna e tamén para estreitar lazos e vínculos entre o sector empresarial e a clientela.

Para animar esta última xornada a música viu da man da Banda de Música de Ordes, dos gaiteiros de Sementes da Arte e da charanga Santa Compaña.

 

 

 

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial