O Club Voleibol Bruxas gaña o campionato galego sénior feminino e loitará polo ascenso á primeira división feminina

0

Ames, 9 de abril do 2019 – O Vitaldent Santiago Club Voleibol Bruxas gañou esta fin de semana o campionato galego sénior feminino, que se disputou no pavillón polideportivo de Bertamiráns e loitará polo ascenso a primeira división nacional.

O Club Voleibol Bruxas  gañou en semifinais ao Zalaeta da Coruña por 3-2, nun último set de infarto no que o equipo de Ames impúxose por 16 puntos a 14. Na final, impuxéronse ao Calasancias Coruña por 3 sets a 1. Ademais, a xogadora do C.V. Bruxas, Sara Antelo, foi nomeada MVP do torneo logo de alcanzar a cifra de 24 puntos na semifinal e 31 puntos na final. O equipo amesán e mailo Calasancias Coruña clasificáronse para a fase de ascenso a primeira división feminina que se xogará do 9 ao 12 de maio na cidade de Haro, na Rioxa.

O equipo de primeira división autonómica feminino do C.V. Bruxas, máxima categoría autonómica, leva catro anos consecutivos disputando este campionato galego sénior, e por primeira vez, conseguiu gañalo. Nas temporadas 2017-2018 e 2016-2017 quedaron terceiras, mentres que na temporada 2015-2016, na primeira ocasión que xogaban dito campionato, foron cuartas. Este é o colofón a unha gran tempada na que quedaron primeiras na fase regular con só unha derrota. Deste xeito, o equipo amesán e mailo Calasancias da Coruña clasificáronse para a fase de ascenso a primeira división feminina que se xogará do 9 ao 12 de maio na cidade de Haro, na Rioxa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial