O colectivo Contraminacción denuncian por engañosa a campaña “minería sostible de Galicia”

0

Compostela, 12 de febreiro do 2019 – A Rede Contraminacción denuncia a imaxe falsa que se pretende dar coa campaña “minería sostible de Galicia” que hoxe se presenta en Santiago.

Contraminacción acusa a Xunta e a Cámara Oficial Mineira de Galicia de querer ocultar a “grave contaminación, destrución da paisaxe e do patrimonio”. O colectivo considera esta iniciativa una campaña de enxeñería social que serve como “lavado de cara” dos graves impactos ambientais da minaría e a repulsa social que veñen xerando proxectos como os de Corcoesto, Touro, San Finx, ERIMSA ou Triacastela.

A campaña consiste na presentación, na Cidade da Cultura, dun  “kit” de materiais supostamente educativos destinados a nenas e nenos de infantil, primaria e secundaria, así como a marca “Minaría Sostible de Galicia” coa que se enmarca esta acción respaldada por Xunta e o sector. Contraminacción lembra que “a problemática ambiental causada pola actividade mineira irresponsable conseguiu permanecer até fai moi pouco tempo silenciada polas empresas concesionarias en conivencia con diferentes administracións públicas. Desde fai algúns anos, coincidindo co abrollar de grupos sociais críticos e reactivos ante o incumprimento da lexislación ambiental, o lobby mineiro presente na Galiza, co apoio da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (entre outros organismos públicos), ven orquestrando unha campaña de enxeñaría social que procura xerar un estado de opinión favorable á minaría, ocultando os desastres ambientais causados até a actualidade e a falta de aplicación efectiva da lexislación en materia de medio ambiente”.

Denuncian ademais que estas campañas atacan aos sectores máis vulnerables como os nenos e adolescentes. Poñen como exemplo a elaboración e intención de difusión das proxeccións audiovisuais destinadas a educación infantil, primaria e secundaria.

Contraminacción alerta tamén que “mentres a administración dedica grandes esforzos e recursos públicos a estas campañas de enxeñaría social ducias de explotacións mineiras continúan sen restaurar ou, o que é peor, convértense en focos agravados de contaminación como ilustran as minas-vertedoiro de Miramontes, Casalonga ou Touro, na contorna da capital galega. Especialmente crítica é a afección por augas ácidas de mina e metais pesados que afectan explotacións como as de Monte Neme, San Finx, Barilongo, Fontao ou Touro, e nas que a Xunta ven intervindo con campañas de propaganda (como os carteis de Turismo de Galicia sobre as balsas tóxicas de Monte Neme) ou os museos mineiros de San Finx ou Fontao, aos que cada ano se levan a millares de nenas e nenos en actividades escolares dirixidas a promover esta imaxe distorsionada da minaría”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial