O Complexo do Monte do Gozo xa ten novo xestor

0

Compostela, 2 de xaneiro do 2018 – A Xunta de Galicia ven de adxudicar, de xeito provisional, o servizo de atención do complexo do Monte de aloxamento do Monte do Gozo.

A Xunta de Galicia avanza así no Plan de Revitalización deste simbólico espazo do Camiño de Santiago, á entrada de Santiago de Compostela, que experimentou salientables melloras nos últimos anos co obxectivo de chegar preparado ao Xacobeo 21. A xestión do Monte do Gozo adxudicouse cun canon anual de 85.000 euros, fronte aos 70.000 mínimos exixidos no prego de condicións.

A concesionaria levará a cabo toda unha serie de investimentos que repercutirán na optimización e dinamización desta infraestrutura pública, da que é titular a propia administración autonómica. Unha vez realizada a proposta de adxudicación por parte do órgano competente, requírese agora que, no prazo de dez días hábiles, a concesionaria presente a documentación correspondente tal e como se recolle no prego de cláusulas administrativas.

 Por un período de 15 anos

O prazo de concesión será de 15 anos, con posibilidade de ser prorrogado por cinco anos máis previo acordo expreso do órgano de contratación. Deste xeito, garántese a súa viabilidade ao longo de polo menos tres anos santos e os seus períodos intermedios.

Esta concesión abrangue, xunto ao espazo de aloxamento, con máis de 600 prazas de capacidade, tendas, restaurante, cafetería, zonas verdes a urbanización na contorna.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial