займ срочно

O concello de Negreira abre un Punto de Información Catastral

0

Negreira, 24 de outubro do 2018 – O concello de Negreira ten funcionando desde primeiros de mes un Punto de Información Catastral que facilita o acceso a información da veciñanza.

Os PIC, Puntos de Información Catastral, son oficinas autorizadas pola Dirección Xeral do Catastro. En elas os cidadáns poden acceder a consultas e certificacións de datos catastrais non protexidos. No caso de ser o titular, ou representantes debidamente autorizados, poderán acceder a consultas e certificacións de datos catastrais protexidos e non protexidos relativos aos inmobles dos que sexan propietarios.

Trátase dun servizo de balde que busca dar unha mellor resposta a veciñanza e evitar desprazamentos a outros concellos para conseguir os certificados. O horario de atención ao público é o mesmo que os das oficinas municipais, de 8 a 15 horas, e a oficina está situada no mesmo edificio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies