O concello de Negreira reclama máis aulas para o CEIP de O Coto

0

Negreira, 16 de marzo do 2019 – O Concello de Negreira solicita por segunda vez á Xunta a ampliación de catro aulas de infantil no CEIP O Coto.

Para o concello isto conseguiría un lugar máis axeitado para os cativos de O Coto. As obras suporían aumentar o espazo de dúas aulas para situar a todos os alumnos de entre 3 e 6 anos na planta baixa. Os traballos tamén inclúen o incremento do tamaño en dúas clases sitas nun andar superior. Estas, que acollían a parte dos pequenos, estarían destinadas coa reforma á creación dunha biblioteca e dunha aula de informática.

A petición destas obras, por valor de case 250.000 euros, foi enviada por segunda vez á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, ao non recibir o municipio resposta algunha na súa primeira demanda. O alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, cualificou de “incrible a ausencia de contestación, sobre todo si se ten en conta que o PP está a prometer a construción dun novo colexio. Supoño que o silencio da Xunta non será por falta de orzamento para acometer as obras, xa que o PP está a propoñer a creación dunha nova escola. Se fan iso será porque saben que hai un orzamento detrás que os ampara nesa nova edificación”.

O rexedor tamén resaltou o apoio da Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) á hora de solicitar os traballos pertinentes “Estamos colaborando man a man e iso é moi importante. Eles tamén consideran que é moi engorroso que os nenos non se sitúen todos na planta baixa, xa que a subida e baixada de escaleiras pode ser complicado para eles”.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial