O concello de O Pino publica as listas de admitidos dun proceso que comezou hai dous anos

0

O Pino, 20 de marzo do 2019 – O Psoe de O Pino solicita a anulación dun proceso selectivo para unha praza de traballador social comezado hai dous anos e que publica agora as listas de admitidos.

O pasado venres, día 15 de marzo, o Boletín Oficial da Provincia de A Coruña publicaba as listas definitivas de admitidos/as para o proceso selectivo dunha praza de traballador/a social, vacante no cadro de persoal laboral fixo do Concello de O Pino dende fai máis de dous anos. Trátase dun procedemento iniciado en marzo de 2017, e que en maio, do mesmo ano, seguía o seu trámite coñecéndose a lista provisional de admitidos/as, e logo despois se mantiña en suspenso, descoñecendo as causas, ata o pasado venres, 15 de marzo, cando se publican as listas definitivas.

O voceiro socialista, Óscar Vilar, critica este retraso e solicita a anulación “o proceso de selección estivo parado durante dous anos e reactívase á présa e correndo, vistas as formas e o apuro en convocar o tribunal cualificador”. Consideran que a resolución da alcaldía é extemporánea, e nula de pleno dereito “falamos dunha vacante no cadro de persoal laboral fixo do Concello de O Pino que data do ano 2017, segue vacante no ano 2019, e pretenden que só poidan optar a mesma os  interesados no 2017. Permitir isto, é ir en contra do principio de igualdade de trato no acceso ao emprego público, o cal, está garantido na Lei do Estatuto Básico do Empregado Público”, sostén Vilar.

Solicitan a suspensión do proceso, e abrir un novo procedemento

Os socialistas non se limitan á denuncia e anuncian a interposición dun Recurso Potestativo de Reposición contra o acto ditado polo   alcalde, Manuel Taboada. Indican que, “o correcto sería abrir un novo procedemento e que todo aquel/a que cumpra cos requisitos poida optar a praza, pode darse o caso que, persoas interesadas, no ano 2017, non reuniran requisitos, tipo; titulación académica, e agora, dous anos máis tarde, coa vacante aínda libre, que si os cumpran” apuntan.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial