O Concello de Santiago expedienta a Ferrovial, xestora dos centros cívicos

0

Compostela, 22 de abril do 2019 – O incumprimento reiterado do contrato co concello é o motivo da apertura dun expediente á empresa que xestiona os centros cívicos de Santiago, Ferrovial.

Ferrovial xestiona os centros desde xullo do 2018. Ao pouco tempo de facerse cargo dos centros comezaron a chegar queixas ao concello. En ese momento creouse unha comisión técnica de supervisión integrada por tres traballadores municipais que mantivo reunións semanais coa empresa para analizar as incidencias detectadas nos centros. O informe elaborado por esta comisión recolle deficiencias en persoal, material e coordinación que poden ser consideradas moi graves.

O informe indica que as deficiencias “afectan á esencia do servizo, e que se poden considerar infraccións moi graves, que levan aparellada unha sanción máxima de 30.000 euros”. Agora a empresa terá 15 días para presentar alegacións unha vez que lle sea comunicada a sanción.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial