O concello de Teo solicita a paralización da actividade na Canteira da Casalonga

0

Teo, 29 de abril do 2019 – O concello de Teo ven de remitir un escrito a Dirección Xeral de Enerxía e Minas a “inmediata paralización das actividades nos terreos do dereito mineiro Casalonga”.

A solicitude do concello basease en que a empresa que adquiriu os dereitos da Casalonga tiña que presentar no prazo dun mes un proxecto de restauración tal e como ven sinalado na autorización da transmisión.

O Plan de restauración da mina data de 1996 e no seu escrito o concello lembra que non se adaptada a normativa e actual e que terá que se obxecto de modificación, non chegaría con actualizalo. Ese Plan tiña unha obriga de revisión cada cinco anos es de ser modificado si se producían “cambios substanciais  que lle afecten, incluídos cambios no uso final do chan”. O Plan de restauración de 1996 tiña como uso final para a zona o industrial e o actual Pxom califica esas fincas como sólo rústico.

O concello de Teo entende que ” O Plan de restauración debe ser obxecto de modificación, e posterior autorización, e non poderán outorgarse autorizacións, permisos ou concesións ata que esa autorización se produza”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial