O concello de Touro converte unha parcela forestal en vertedoiro

0

Touro, 21 de marzo do 2019 – A Asociación Aldea Viva reclama o cese inmediato do concelleiro de Medio Ambiente de Touro, Alfredo Souto, por usar unha parcela forestal como vertedoiro de residuos.

Non é a primeira vez que se produce un feito de estas características xa que o mes pasado Aldea Viva denunciaba que o mesmo concelleiro estaba a usar as cunetas como vertedoiros de obras feitas polo concello. En esta ocasión os feitos localízanse no predio nº 382 da concentración parcelaria da zona de Touro Quion, un terreo forestal preto do núcleo de Mourelos Hermo (parroquia de Touro). O destino do predio, segundo a Resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, é para “depósito de madeira e maquinaria contra incendios”.

O estado actual do lugar según a asociación “é un vertedoiro encuberto de residuos, sen ningún tipo de tratamento, nin xestión, nin control dos mesmos; principalmente residuos procedentes de obras de construción e demolición. En toda a extensión da parcela hai amoreadas e ciscadas centos de toneladas de residuos de natureza de formigón, residuos de elementos de edificación de natureza plástica de distintos tipos (PVC, tubos de polietileno…), elementos metálicos, etc. Todos estes residuos son vertidos directamente sobre o terreo natural e sen ningún tipo de cubrición nin tratamento.As augas da chuvia escorren polos residuos cara as parcelas lindantes e pola cuneta da pista á que ten acceso, contaminando as augas e o solo”.

Segundo o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Touro, este terreo está clasificado como Solo Rústico de Protección Forestal e Solo Rústico de Protección de Infraestruturas, polo que en ningún caso está autorizado o seu como vertedoiro. Este incumprimento derivaría na reversión da titularidade dos mesmos.

Delito contra o Medio Ambiente e efecto chamada.

Aldea Viva lembra que é “a propia Administración Local, presidida por Ignacio Codesido do partido popular, a que incumpre a normativa de xestión dos residuos de construción e demolición, incumprindo tamén  o propio PXOM e a Lei do Solo en canto aos usos do solo. Trátase de feitos que poderían ser constitutivos de delito contra o medio ambiente, e tamén derivar en sancións en prexuízo do erario público municipal”.

A utilización de terreos como vertedoiros, como é o caso, á marxe dos incumprimentos en materia de legalidade urbanística, Lei do Solo e en materia medio ambiental e de xestión de residuos, acaba provocando un efecto chamada incluso na poboación (máxime cando é a Administración Local, a máis próxima ao cidadán, quen efectúa), polo que consideran que “os feitos son de extrema irresponsabilidade por parte do Concello de Touro”.

A asociación Aldea Viva pide o cese inmediato do concelleiro de Medio Ambiente Alfredo Souto, ao que acusan de mirar para outro lado ante cada un dos delitos medioambientáis que se levan producindo en Touro durante os últimos 20 anos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial