O Consorcio de Santiago publica a biografía máis completa de Castelao

0

Compostela, 7 de xuño do 2019 – O Consorcio de Santiago ven de publicar a , posiblemente, biografía máis completa de Castelao, unha obra que reúne abundante material que estaba en mas privadas e mostra o día a día do autor.

A obra foi presentada este xoves do Museo do Pobo Galego e esta coeditada polo Consorcio e a editorial Galaxia. Castelao. Construtor da nación. Tomo I 1886-1930, e a primeira parte da biografía do intelectual galeguista escrita polo historiador Miguel Anxo Seixas Seoane como resultado da súa tese de doutoramento e que terá continuidade noutros dous tomos.

Nesta ampla biografía de 1.331 páxinas recóllese a vida de “o meniño rianxeiro, o rapaz emigrante e retornado, o debuxante e o pintor autodidacta, o médico entregado, o ilustrador que se vale dos debuxos de humor para concienciar os galegos, o funcionario, o profesor de debuxo, o membro das Irmandades da Fala, o escritor e artista”. Trátase do primeiro volume dunha “biografía monumental”, concibida por Miguel Anxo Seixas case coma un diario da vida cotiá de Castelao, cos fitos da súa cronoloxía persoal e pública, xunto á actualidade da época. Ademais, o libro ilústrase con fotografías que mostran diferentes momentos da súa traxectoria.

Esta publicación é o resultado do labor de toda unha vida dedicada á investigación, á recollida de datos e documentación ao redor da figura de Castelao. O autor plasma, de xeito moi pormenorizado e rigoroso, aspectos ignorados ou esquecidos de quen foi unha das personalidades fundamentais da nosa terra e analiza todo o que se escribiu sobre el “para tentar facer esa biografía pendente”. Nesta liña, cómpre ter en conta que Castelao estivo vetado pola ditadura ata 1975 e en parte oculto ata 1984.

O historiador ordenou e datou todos os documentos escritos e gráficos compilados e outros novos descubertos estes anos. Esta biografía “concibiuse dende o comezo como un diario persoal, onde se vai marcando o que vai facendo neses días sinalados na súa cronoloxía, ao longo dos seus 63 anos de vida”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial