O CPI Cernadas de Castro, Lousame, recibiu investimento próximo aos 80.000 euros

0
A principal intervención, acometida pola Consellería de Cultura e Educación, foi o remate do cambio da cuberta. O Concello de Lousame efectuou tarefas de pintura, reparación da pista deportiva e acondicionamento do pavimento do patio

Lousame 01/09/2016 – A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, acompañou ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, na súa visita ao CPI Cernadas de Castro, que durante este verán recibe diversas melloras por un importe próximo aos 80.000 euros, investidos pola Xunta e polo Concello de Lousame.

conselleiro educacion lousame slide 1 septiembre 2016_rA principal intervención foi financiada pola Consellería. Consistiu na segunda fase da renovación da cuberta do edificio. Con 60.000 euros empregados na que é a segunda e derradeira fase, supón culminar o cambio do antigo tellado de uralita por unha estrutura máis moderna que garante o perfecto illamento fronte á humidade, a temperatura e o ruído. A actuación inclúe tamén a dotación de novos canalóns para a recollida e evacuación de augas pluviais.

O Concello, tamén en completa sintonía coa comunidade educativa do centro, completou as melloras no CPI Cernadas de Castro con diversas obras, ás que destinou máis de 16.000 euros. Neste sentido, hai que mencionar o pintado do corredor interior, tanto nas paredes como no teito, traballos de limpeza e mellora do saneamento, o arranxo da pista deportiva con reposición do peche, e a reparación de varias zonas do pavimento do patio.

conselleiro educacion lousame 2 _ 1 septiembre 2016_rNo seu encontro co equipo directivo do colexio e co presidente da ANPA, o conselleiro atendeu tamén a petición, para vindeiros cursos, de cubrir un dos patios exteriores do centro, co obxectivo de facilitar o acceso ás instalacións en xornadas de chuvia.

O CPI Cernadas de Castro, no que estudan preto de 400 alumnos e alumnas e cun equipo docente integrado por arredor de cincuenta persoas, estrea no novo curso 2016-2017 a súa condición de centro plurilingüe. Ademais da mellora nas infraestruturas, para a nova tempada tamén mellora equipamentos, especialmente coa dotación de novos ordenadores e unha pizarra electrónica de última xeración na aula de informática.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial