A Estrada, 9 de xullo do 2018 – Hoxe remata a Rapa de Sabucedo, marcada este ano pola dedicatoria a dous aloitadores falecidos recentemente.

Imaxe: Fernando España
Sabucedo viviu desde o xoves unha tradición con 300 anos de historia. A Rapa 2018 remata este luns co Curro Solidario, que destinará a cuarta parte dos beneficios ao Banco de Alimentos de Vigo, e a solta das bestas ás seis da tarde para que volvan ao monte.
Coma sempre o Curro do sábado levou milleiros de persoas a Sabucedo. 1000 entradas vendidas de xeito anticipado e 500 na billeteira, que desapareceron en menos de media hora, encheron o recinto; por fora del, nas árbores, nas polbeiras, nos campings, disfrutaban da festa moitas máis.
O Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, acompañado do Consejero de Educación, Cultura y Deporte del Principado de Asturias, Genaro Alonso; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ou o alcalde da Estrada, José López Campos, foron algúns dos persoeiros que pasaron pola grada de Sabucedo.

Imaxe: Fernando España
A Rapa levou ao curro 250 bestas, algunhas delas que levaban sen baixar mais de cinco anos e que non llo puxeron fácil aos veciños que tardaron moito máis do previsto en baixalos do monte ao mediodía. O curro comezou coas verbas do presidente da Asociación, Henrique Bazal que falaba do duro que foi este ano co pasamento de varios veciños e de dous aloitadores Juan Carlos Monteagudo “Abuelo” y Juan Carlos Neira “Tatá”, como xa nos contara en Lindeiros o pasado venres.
Xa na area todo funcionou ben ata que a falta de dez minutos un dos aloitadores, Roi Vicente, ao querer apartar unha besta recibiu un tremendo golpe na boca do estómago que o deixaba sen aire e caía ao chan. Por sorte todo quedou nun bo susto e ao día seguinte aloitaba de novo.

Roi Vicente é retirado do curro tras sufrir unha coz no estómago. Imaxe de Fernando España
Ás doce do mediodía de hoxe luns terá lugar o Curro solidario e as seis da tarde soltaranse as bestas no monte co que rematará a edición 2018 de esta Festa Turística Internacional que acreditou en esta ocasión a 205 xornalistas de 13 paises distintos.
Galería, imaxes de Fernando España