O curso comeza con folga

0

Bisbarra, 1 de setembro do 2020 – As centrais sindicais CIG-Ensino, CCOO, STEG e CSIF convocan concentracións diarias e folga os días 10 e 16 de setembro.

Nunha rolda de prensa os sindicatos explicaron que as mobilizacións propostas e a folga son unha continuación das concentracións dos días 22 e 28 de xullo e que tiveron unha alta participación.

Os motivos son a negativa da Consellería a retirar un protocolo que consideran “temerario e irresponsábel”. Ante os medios lamentaron ter que estar falando de seguridade no canto de cuestións pedagóxicas. Propoñen concentracións diarias de 15 minutos desde hoxe mesmo e que se suban imaxes as redes co cancelo ‪#EscolaContraCovid. Tamén nesta semana e coincidindo coa segunda sesión de investidura  no Parlamento Galego, terá lugar, o xoves 3 ás 18 horas, unha concentración en contra do protocolo ás portas do Hórreo.

O curso comeza con folgaEsta segunda fase de mobilizacións, se antes non se produce unha rectificación do protocolo na liña das demandas sindicais, terá como datas principais aquelas nos que comeza a actividade lectiva en Infantil, Primaria e Ed. Especial (día 10 de setembro) e o resto de ensinanzas (16 de setembro).

Elementos centrais das demandas sindicais

Os sindicatos fan fincapé en determinados criterios que a Xunta debe modificar e que, ante  a ausencia de cambios, motivan á convocatoria de folga.

A distancia física, según as recomendacións de Europa, será de igual ou superior a 1,5 metros polo que o ratio deberá baixar aos 15 alumnos por aula, 20 como máximo.

Deben aumentar os cadros de persoal para poder dar resposta á ampliación de aulas e a correcta e segura atención ao alumnado.

O curso comeza con folgaOs cadros de persoal deben garantir unha resposta áxil e adecuada a todas as tarefas educativas e de xestión que é necesario afrontar así como á eventual necesidade de simultanear ensino presencial e a distancia. As incidencias por ausencia puntual de profesorado poden facer inviábel a atención ao alumnado, polo que se debe regular por parte da Consellaría en que condicións se debe ou pode decretar o peche total ou parcial dun centro.

As condicións do traballo a distancia deben ser obxecto de negociación e calquera modificación ou adaptación de horarios debe contar con respaldo dunha norma legal da propia Consellaría de Educación, negociada previamente na Mesa Sectorial.

Debe existir unha avaliación de riscos derivados da COVID-19 en cada centro educativo e adaptada ás características propias do centro, tanto polos niveis educativos que se imparten como polas instalacións, etc. Esta avaliación debe ser realizada polo servizo de prevención e non por profesorado.

No seguinte enlace pódense ver todas as medidas solicitadas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial