займ срочно

O Defensor del Pueblo recomenda emitir novos informes sobre a mina de Touro

0

Touro, 3 de xuño do 2019 – A Asociación Tralapena ven de difundir un informe do Defensor del Pueblo, Francisco Fernández Marugán, sobre a mina de Touro no que recomenda á Xunta de Galicia unha nova tramitación medioambiental, novos informes de Augas de Galicia e que se restauren os terreos antes dunha nova concesión.

O informe do Defensor xurde pola queixa dunha veciña a título particular. Ao longo de 7 puntos analiza, desde un punto legal, toda a documentación que se lle remitiu desde a Consellería de economía desvelando eivas importantes. As sucesivas empresas propiedade da mina presentaron ata cinco plans de restauración, nos anos 88, 89, 95, 98 e 2008, sen que ningún deles fora aprobado; desde o 2017 esta en trámite un novo plan aínda non resolto. Tamén se concreta que nos anos 2009, 10, 15, 16 e 17 non se realizaron inspeccións de ningún tipo; que no 2008 e 2012 si se fixeron requerimentos pero non se explica se foron atendidos; que no 2011 e 2014 existiron dúas actas favorables, según o Defensor “excesivamente sucintas” e que no 2018 realizáronse varias inspeccións que confirmaron vertidos irregulares e un incumprimento da normativa.

O informe céntrase nas conclusións en dous aspectos fundamentais. O primeiro que sendo as modificacións do proxecto orixinal tan grandes é necesario outorgar unha nova concesión e non modificar a existente. A insitución recoméndalle expresamente a Consellería que impulse “la tramitación del plan de actividades extractivas y someterlo a evaluación ambiental estratégica, con carácter previo a  su elevación al Consejo de Gobierno paa su aprobación”.

O segundo aspecto que se considera fundamental é a emisión “con carácter inmediato” do “informe de suficiencia de medios hídricos”. Este informe é preceptivo en calquera explotación mineira xa que para os traballos precísase saber si existe auga suficiente e Augas de Galicia nunca o chegou a emitir desde a primeira concesión.

O documento continúa facendo distintas suxerencias á Consellería de Economía entre as que destaca a que demanda un estudio da calidade da auga según o que se aclare se continúan os vertidos irregulares e, de confirmarse, que se sancione á empresa e se lle obrigue a tomar tódalas medidas necesarias para que non se repita.

 

No seguinte enlace podedes descargar o informe completo Respuesta Defensor del Pueblo  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies