O Delegado da Xunta na provincia, Ovidio Rodeiro, visitou o IES Xulián Magariños de Negreira

0

Negreira, 25 de xullo do 2018 – O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou a pasada semana o centro IES Xulián Magariños de Negreira.

A visita de Ovidio Rodeiro tiña como finalidade coñecer de primeira man o novo ciclo de FP que comezará en setembro “Sistemas microinformáticos e redes” e que ofrece 30 prazas. Na provincia da Coruña a oferta de novos ciclos chega ata os 30 con 523 prazas. Cómpre lembrar que este ano, entre primeiro e segundo ciclo, hai máis de 51.000 matriculados en ensinanzas de FP en Galicia.

A oferta que tamén avanza na bisbarra de Santiago é a implantación da FP dual xa que se ofertarán 6 ciclos deste tipo de formación con 97 prazas. Esta FP dual é unha aposta do departamento educativo da Xunta de Galicia para impulsar a empregabilidade dos titulados e para axustar a formación profesional ás necesidades dos sectores produtivos.

Amplíase ademais a oferta en ciclos en réxime ordinario e de adultos con importante demanda de emprego, como o caso da familia de Informática e comunicacións en Negreira e Santiago de Compostela.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial