O deporte de Ordes non para no verán

0

Ordes, 3 de xullo do 2019 – O deporte de Ordes non para no verán e ademais de seguir conseguindo medallas prepara a nova tempada buscando novas promesas.

Antía Calvo do Club Galia

Taekwondo, fútbol, patinaxe o mesmo salvamento; o deporte de Ordes é un dos máis activos da bisbarra. Estes días Antía Calvo do Club de patinaxe Galia conseguía a primeira posición alevín na Copa Federación disputada en Santiago. No XIV Campionato de España de Salvamento e Socorrismo, e tamén na categoría alevín, Xiana López Fernández facíase co primeiro posto na proba de Carreira con Táboa de Rescate (Nipper).

Xiana López

Pero ademais de estes éxitos os equipos de Ordes preparan a nova tempada con intención de crecer. A SDC Ordes celebrou onte unha reunión aberta na que explicou a intención de abordar a creación de dous equipos femininos de cara á próxima tempada. Tal e como explican dende a directiva o fin principal desta iniciativa é “colaborar co crecemento deste deporte entre as rapazas da nosa contorna. Como todos os comezos este tamén será complicado, por iso solicitamos a colaboración tanto das rapazas que teñan interese nesta iniciativa como das súas familias e amizades”.

Xiana na proba de salvamento

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial