займ срочно

O dúo Flores Rotas hoxe nas Crechas

0

Compostela, 18 de abril do 2019 – O dúo de improvisación Flores Rotas estará esta noite nas Crechas a partir das nove e cun prezo a entrada de 5 euros.

Flores rotas Jim Jarmusch inspiration music é un dúo de improvisación, que basa a súa música no imaxinario fílmico do cineasta norteamericano  Jim Jarmusch. Non tocan as músicas dos filmes; simplemente, déixanse levar polo que as imaxes, historias, e os propios títulos das películas lles transmiten, dándolle unha nova dimensión á interpretación que fan na linguaxe da improvisación libre, onde case todo é posible para levar á audiencia por unha ruta que vai do branco e negro a cor, do absurdo á poesía.

Flores Rotas son:

Margarida Mariño: violonchelo + electrónica

Pablo “Sax” F. Sinde: saxofóns, percusións + electrónica

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies