O eco das amazonas no Museo do Pobo Galego

0

Compostela, 31 de xaneiro do 2019 – O Museo do Pobo Galego acolle a mostra O eco do Amazonas, de Baldomero Moreiras, que homenaxea a mulleres de distintas épocas e ámbitos.

Desde hai anos no Museo do Pobo Galego, coincidindo coa data sinalada do 8 de marzo, véñense celebrando actividades dirixidas a avivar o debate, a reflexión, a conciencia e a memoria ao redor da perspectiva de xénero. Na mostra O eco das amazonas, Baldomero Moreiras dá forma a un gran retablo de mulleres, que ao longo da Historia deixaron a súa pegada en campos tan diversos como a música, a arte, a ciencia, a literatura ou a política.

Desde Hipatía de Alexandría, Inés de Castro, Artemisia Gentileschi, a Zaha Hadid, Maruja Mallo ou María Casares, o autor vai mostrando a súa admiración polo labor, moitas veces silenciado, de mulleres ás que se rende homenaxe, sacándoas do esquecemento.

A esfera, símbolo de “harmonía co universo”, é o orixinal soporte que o pintor utiliza para dar forma a cada unha das protagonistas. A xestualidade da pincelada, o cromatismo vivo de azuis, vermellos e verdes, así como ese axuste entre figuración e abstracción acaban por articular o soño da pintura á realidade de cada unha das biografías.

Esta mostra é froito da colaboración entre os concellos de Ourense e Celanova co Museo do Pobo Galego

Horario: De martes a sábado: 10:30 -14 horas // 16 – 19:30 horas

Domingos e festivos: 11 – 14 horas

Luns pechado

A entrada para as exposicións temporais é de balde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial