займ срочно

O embaixador de Ucrania en España visitou a Cámara de Comercio

0

Compostela, 14 de febreiro do 2019 – O embaixador de Ucrania en España, Anatoliy Scherba, e o primeiro secretario, Viktor Kharaminskyi, visitaron a Cámara de Comercio de Santiago

O vicepresidente da Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, José Carballo, a secretaria xeral, Rosa Cardeso, e o técnico de comercio exterior da entidade, Fernando Pérez-Soba, reuníronse na sede cameral co embaixador de Ucrania en España, Anatoliy Scherba, e o primeiro secretario, Viktor Kharaminskyi. Analizaron as relacións comerciais e as oportunidades de negocio que ofrecen ambos territorios.

O embaixador de Ucrania agradeceu a cálida acollida e hospitalidade  recibida polos representantes da Cámara de Comercio de Santiago. Cámara e embaixada agardan que esta visita contribúa ao desenvolvemento e fortalecemento das relación económicas e empresariais entre España e Ucrania e, en particular, a nivel rexional entre Galicia e a rexión de Lviv (A Galicia Ucraniana).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies