Compostela, 9 de setembro do 2018 – Por segundo ano a Xunta de Galicia organizou un desfile en Compostela para promocionar a marca Entroido de Galicia.

Xenerais do Ulla, Peliqueiros de Laza, Cigarrones de Verín ou Folións de Viana do Bolo pasearon polas rúas de Compostela mostrando a veciños e turistas a variedade e riqueza do Entroido de Galicia. Festas en moitos casos declaradas de Interés Turístico Nacional ou autonómico.

Aos máis coñecidos de Xinzo de Limia e Verín sumáronse os de Viana do Bolo, Laza, Manzaneda, Maceza, Vilariño de Couso, todos en Ourense. Os de Cobres en Pontevedra e os Xenerais do Ulla en municipios de ambas marxes do emblemático río.

Este ano ampliouse a participación con invitados como o Entroido Ribeirao de Chantada, Lugo; As Bonitas de Sande, de Cartelle; os Vellaróns de Riós e Vergalleiros de Sarreaus, Ourense.

Un dos patrimonios máis importantes da comunidade e que non acaba de ser aproveitado como difusión da comunidade fora das nosas fronteiras. Unhas citas que servirían a ese fin tan buscado da “desestacionalización”, algo que non é máis que procurar que as visitas veñan en outras épocas do ano que non sexa o verán.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial