займ срочно

O Entroido tradicional da Ulla chega en Vedra ás aulas

0

Vedra, 13 de novembro do 2018 – O CPI Plurilingüe de Vedra organiza este curso o obradoiro “O Entroido rural tradicional da Ulla” co que se pretende incidir desde a escola no proceso de coñecemento e posta en valor dun festexo tradicional tan presente nalgunhas parroquias do Concello.

Imaxe cedida por Jesús Amenal (S. Xián de Sales)

No obradoiro participan 44 alumnos e alumnas de educación primaria e ESO. Desenvólvese fóra do horario escolar durante os meses de outubro, novembro e xaneiro. Impárteno persoas de Vedra e da contorna que participan ou participaron no Entroido de modo activo, sexa en calidade de xenerais, correos, coros, elaborando os atranques, intervindo na confección ou o acondicionamento dos traxes e arreos, na organización da festa etc.

En cada sesión, ao lado dos relatores, acompaña á rapazada un grupo de persoas maiores que lle conta a súa relación co Entroido local achegándolle fotografías, traxes e mesmo atranques de varias décadas atrás.  Na segunda sesión, que ten lugar hoxe, continuarase coa elaboración dos atranques e coa rolda de experiencias dos maiores da parroquia de San Pedro de Vilanova.

Estas sesións de aprendizaxe complementaranse no centro educativo cunha exposición de fotografías antigas de indumentaria e arreos e cunha macrorrepresentación do Entroido do Ulla na que participará todo o alumnado da ESO e que se realizará a comezos de marzo con ocasión do festexo do Entroido.

“O Entroido rural tradicional da Ulla” é unha actuación máis do proxecto Vedra medra que se vén desenvolvendo a iniciativa do Equipo de Dinamización da Lingua Galega no CPI desde hai tres cursos e que foi premiado na categoría de ensino secundario na 10ª edición do Proxecto Didáctico A. Fraguas, como Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística e distinguido co Proxecta de Innovación Educativa 2018.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies