O esforzo dou a vitoria ao Monbus Obradoiro ante o Delteco GBC

0

Compostela, 5 de novembro do 2018 – Íñigo Cainzos Obradoiro CAB – Lindeiros

O Fontes  do Sar celebrou a terceira vitoria da tempada. O  Monbus Obradoiro recuperou o sorriso e volveu gañar, despois de impoñerse ao  Delteco  GBC nun partido moi rifado.

O  Delteco  GBC  xogou coas ideas moi claras na primeira metade. Os homes de  Sergio  Valdeomillos circularon ben o balón e castigaron ao  Monbus Obradoiro desde o triplo. Os vascos aproveitaron ben os bloqueos directos para os seus tiradores no primeiro cuarto, con Dani Pérez bombardeando o aro galego.

No segundo cuarto asumiu o protagonismo  Miquel Salvou, con catro triplos anotados en seis intentos. O exterior do  GBC foi un pesadelo, foise ao descanso con 14 puntos e resultou esencial para que os donostiarras encarasen o túnel de vestiarios con vantaxe (40-42).

ACB photo – X. Cortizo

O  Monbus Obradoiro resolve os seus problemas

Na segunda parte os de Moncho Fernández corrixiron desaxustes e melloraron na defensa exterior. Ao  Gipuzkoa  Basket custoulle entón moito máis anotar desde a distancia e, coincidindo coa caída das porcentaxes os de  Valdeomillos, caeron no marcador. O soberbio 53% co que o  GBC pechou a primeira metade caeu ata o 38% co que os visitantes pecharon o partido.

Obst ao rescate

Nos momentos máis complicados do encontro, cando o intercambio de canastras do terceiro cuarto ameazaba con levar o partido á ruleta rusa do final, emerxeu ao figura de Andy  Obst. O alemán desmelenouse no terceiro cuarto, acertou desde o 6,75 e non se amedrentou para atacar a zona  gipuzkoana.  Obst acabou con 15 puntos, o máximo anotador do  Monbus Obradoiro.

ACB photo – X. Cortizo

A garra de  Llovet funde ao  Gipuzkoa  Baket

Chegou entre algodóns ao partido despois dun golpe recibido fai sete días en Lugo, pero Nacho  Llovet volveu ser clave na pintura. A batalla na zona liberada contra  Sekulic elevou a temperatura no Fontes  do Sar. O á-pivote catalán foi o xogador máis valorado da escuadra local, con 11 puntos e 19 de valoración. O seu despregamento de recursos preto do aro e o seu atrevemento desde o triplo tiveron premio. Os homes altos do  GBC tiveron moitos problemas para descifrar o xogo de  Llovet.

Unha vitoria de equipo

Máis aló do rendemento de  Obst e  Llovet, o triunfo do  Monbus Obradoiro foi coral. Seis xogadores valoraron por encima dos dez créditos. Pepe Pozas conduciu á perfección aos seus compañeiros, repartindo 8 asistencias e acabando con 10 de valoración.  Kyle  Singler soltouse e gustou moito ao respectable, traballador preto do aro, intelixente para interpretar as vantaxes sobre os seus defensores preto do aro (13 puntos e 17 de valoración).  Kostas  Vasileiadis non faltou á súa cita cos triplos, botándose ao equipo ás costas nos momentos de  zozobra da primeira metade. O grego acabou con 11 puntos e 10 de valoración. Ademais,  Brodziansky, soberbio na pintura,  antó 15 tantos e sumou 16 créditos de valoración.

ACB photo – X. Cortizo

O  Monbus Obradoiro afronta agora un dobre compromiso a domicilio.a próxima semana en Badalona, contra o  Joventut ( sáabdo 10, 18:00 horas) e a seguinte fin de semana contra o  UCAM Murcia (domingo 18, 12:30 horas). Volverá xogar ante a súa afección o domingo 25 de novembro, ás 17:00 horas, para recibir ao  Kirolbet  Baskonia.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial