O espectáculo da Supercopa comeza esta tarde en Compostela

0

Compostela, 21 de setembro do 2018 – A Supercopa Endesa comeza esta tarde no Fontes do Sar como preámbulo á, para moitos, mellor liga de baloncesto do mundo despois da NBA.

Hoxe abren a Supercopa o Barça Lassa e o Kirolbet Baskonia as sete da tarde. A continuación o partido que os afeccionados da cidade esperan, e que será sen duda unha festa, xa que o Monbus Obradoiro enfrontase ao Real Madrid a partir das 21:30. O alcalde Martiño Noriega dicía no sorteo dos cruces, celebrado no Pazo de Raxoi, que esta competición converterase nunha “homenaxe a un deporte moi valorado na cidade como é o baloncesto”, lembrando o ambiente e a traxectoria desta disciplina en Compostela e valorando o alto nivel do cartel de equipos participantes.

Onte o adestrador do Monbus Obradoiro, Moncho Fernández, atendeu aos medios de comunicación antes do adestramento na previa á Supercopa Endesa 2018. O técnico destacou que “o de mañá é un partido oficial que imos afrontar co único obxectivo posible. En pretempada vemos como está o equipo. Este é un partido oficial, é competición, e imos facer todo o posible e o que estea nas nosas mans para levarnos a vitoria” Sobre rival, Moncho Fernández explicou que o Real Madrid “ten moitísimo talento individual. Para ser Campión de Europa e Campión de Liga tes que ser moi bo tácticamente. E o Real Madrid o é. Ás veces, o brillo individual de cada unha das estrelas fainos esquecer que colectivamente son un gran equipo”. O adestrador asegurou que “a clave para poder bater ao Real Madrid é que tes que estar perfecto en ambos os lados da pista e, sen dúbida, ter un chisco de sorte ao falar de acerto”.

O Obradoiro ven de conseguir o subcampionato do Encesta Rías

Sobre ser anfitrións da Supercopa Endesa, Moncho confesou que “isto é o máximo. É o torneo de apertura da liga Endesa. É na nosa casa e vai estar cheo. Cando te dedicas ao deporte profesional é para xogar estes partidos. Vai ser nosa primeira vez e os nervios que xa normalmente acompáñanme no inicio de cada partido, ese cosquilleo do que falamos, loxicamente para isto son maiores”.

Mañá final e concurso de triplos

Mañá sábado será o momento do concurso de triplos do Corte Inglés do que falabamos hai uns días. A continuación a gran final, onde moitos esperan que estea o Obra, pero para iso hoxe toca gañar ao Madrid.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial