O Espedregada Oroso estrease na superdivision femenina de tenis de mesa

0

As sensacións foron boas aínda que o equipo non logrou impoñerse ás catalás do Calella, un dos equipos fortes da competición

oroso-tm-superdivision-femenina-normal-3-octubre-2016_r

Encontro de Superdivisión Nacional entre o Oroso ABANCA (esquerda) e o Suris Calella (dereita)

Oroso, 03/10/2016 – Este pasado sábado día 01 de outubro, o Tenis de Mesa de Oroso volveu escribir outra páxina na súa particular historia. As mozas do Espedregada Oroso, o Oroso ABANCA, facían o seu debut na máxima liga nacional, a SuperDivisión Nacional Feminina. E facíano como locais ante o potente Suris Calella (Barcelona) equipo cunha dilatada experiencia na categoría e con xogadoras de calidade contrastada como a internacional serbia Gabriela Feher (unha das mellores xogadoras da liga española), a internacional española Sofia Xuan Zhuan (recente medalla nos últimos Campionatos de Europa Xuvenís) e a tamén membro da Selección Española Alba Fernández. Por parte das de Oroso, estreábanse tres novas xogadoras que o club orosino incorporou esta tempada ás súas filas co único obxectivo da permanencia: Viktoriia Lebedeva de orixe rusa e que á vez fará na entidade funciones de adestradora dos xogadores máis nóveles, Daniela Ortega, orixinal de Chile e recente medalla coa súa selección no Campionato Suramericano de Tenis de Mesa e Paula Bo, moza xogadora de orixe pamplonesa cunha ampla experiencia na categoría.

Neste inicio de ligas, tamén fixeron o seu debut como locais o filial Oroso Autos Grabanxa, da División de Honra Nacional Feminina, división de prata do tenis de mesa nacional. Por parte das de Oroso: Silvia Alvarez, Noelia Igrexas e Olaya Cea; recibían a visita do Cinania TM que aliñaba a Maria Pena, Lara González e Laura Rodríguez. O partido resultou máis correúdo do esperado pero finalmente as do Autos Grabanxa, puideron levar os seus primeiros 2 puntos para a súa marcadora particular facendo Silvia Alvarez 2 individuais (ambos por 3-2 ante Lara González e Maria Pena) e Olaya Cea as súas outros 2 partidos (ante Lara Gozález e Laura Rodríguez). Bo comezo do filial do Espedregada Oroso que ten como principal obxectivo a permanencia na categoría.

Pola súa banda, o primeiro equipo masculino do Oroso TM, o Oroso TM Deporte Galego, estreábase tamén como local ante lle CTM Monteporreiro de Pontevedra. Nun partido emocionante ata o final, os locais deberon de esmerarse ao máximo para alcanzar a vitoria final. Por parte do Oroso, o venezolano Jonathan Piñeiro, o sub23 Marcos Sanmartin e o canteirán Uxio Regueiro, dirixidos por Valeri Malov enfrontábanse ao triplete formado por Lawal Abiodun (Congo), Ignacio Fernández e Santiago Prieto. Dous puntos de Piñeiro (ante Abiodun e Santi Prieto) e outros dous de Marcos Sanmartin (ante Ignacio Fernández e Santi Prieto) daban a vitoria final por 4-2 aos locais que suman así os seus primeiros dous puntos na clasificación. Importante resultado nunha liga que se antolla especialmente complicada este ano nun grupo onde todos os equipos reforzáronse coa incorporación de xogadores estranxeiros e nacionais de moita calidade e que fará que a permanencia se venda esta tempada máis cara que nunca. Co único obxectivo da permanencia, o Oroso TM Deporte Galego terao moi complicado este ano para clasificarse unha vez máis para a fase de ascenso a Superdivisión, aínda que desde as filas do club non renuncian a nada e son cautos á espera de como se conducirá a liga.

Pola súa banda, os máis pequenos do club, tamén gozaban da súa estrea no derbi que enfrontaba ao Oroso Barbería Tije (Noa Raton, Cleo Garcia e Victor Valcarcel) e ao Oroso Hotel Santa Cruz (Martin Fernández, Gonzalo Miras e Esteban Rodríguez). O marcador final reflectiu a igualdade existente no encontro, finalizando nun empate a 3-3.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial