O eucalipto protagonista da derradeira Regueifa da ciencia

0

Compostela, 9 de marzo do 2019 –  A terceira edición das Regueifas da Ciencias botará o peche o vindeiro luns 11 debatendo sobre o eucalipto nunha nova sesión a partir das 20.00 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación.

Unha especie invasora que leva décadas ameazando os ecosistemas dos bosques galegos ou un dos motores económicos claves da comunidade, xerador do emprego e riqueza: está xustificada a mala sona do eucalipto?.

As dúas posturas estarán representadas polo presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, Serafín González Prieto, e polo profesor da Universidade de Vigo Adolfo Cordero, defendendo a mala sona desta especie; e polo catedrático emérito, Francisco Díaz-Fierros, e polo catedrático de Proxectos de Enxeñaría da USC, Manuel Marey Pérez.

Regueifiñas

Como novidade fronte anteriores convocatorias, este ano desenvólvese Regueifiñas, un certame de debate dirixido a centros de Secundaria, Bacharelato e FP galegos. A final do certame celebrarase igualmente na Facultade de Ciencias da Comunicación e retransmitirase por streaming o vindeiro 22 de marzo.

Os equipos que gañaron a eliminatoria e pasaron á final están formados por dúas alumnas do IES Rosalía de Castro de Santiago e por un alumno e unha alumna do colexio Compañía de María de Ferrol. Ambos equipos recibirán un premio conmemorativo por ter alcanzado esta última fase.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial