O Festeo 2019 acolle a presentación do colectivo Xente de Teo

0

Teo, 6 de xuño do 2019 – Este domingo chega un ano máis a festa das asociacións teenses, o Festeo, que este ano acolle a incorporación do colectivo Xente de Teo.

Un ano máis a Carballeira de Francos será o escenario para o Festeo que terá como invitado musical para pechar a xornada á Banda Xangai. O programa de actividades comezará a mediodía. Incorporará a mostra de baile tradicional e a actividade cultural, deportiva e doutros ámbitos das asociacións radicadas en Teo.

Na mesma xornada e no mesmo lugar celébrase a Feira da Terra, organizada pola asociación veciñal Carballeira. Dende mediodía e ata ben entrada a tarde, disporá de postos de alimentación e artesanía e desenvolverá obradoiros con actividades para todos os públicos.

Xente de Teo

Á unha e media da tarde presentarase Xente de Teo unha nova plataforma colaborativa das asociacións do concello.O proxecto nace do programa de participación veciñal que destina partidas anuais para proxectos que engloben a todo o tecido asociativo teense. O ano pasado o proxecto que saíu seleccionado foi o presentado polas asociacións Aberteo, A Regionalista e Trinxidoiro que tomou o nome de A Xente de Teo. Concrétase nunha plataforma web, na cal xa hai unhas cantas asociacións adheridas, e que espera adherir a todo o tecido asociativo municipal.

No portal atoparase información dos distintos colectivos, un calendario de actividades que realizan, un blogue de publicacións, un apartado para videos, etc. Otra das inciaivas vinculadas a Xente de Teo será unha

radio comunitaria independente, que terá contidos de todo tipo (musical, cultural, divulgativo, deportivo, etc.) que un consello das asociacións

adheridas ao proxecto decida. A participación será voluntaria pero non se descarta un crecemento que supoña a profesionalización da radio e dos seus contidos. Ao ser unha radio por internet, poderá ser escoitada en todos os dispositivos que dispoñan conexión en calqueira parte do mundo.

Banda Xangai

Ás 20:30 horas no Festeo actuará a Banda Xangai coa súa proposta de música para a verbena na que integra estilos como rumba, merengue, muiñeira, punk, regueira e hip-hop. O grupo, que toma o nome do tren que unía Galicia con Cataluña como metáfora do intercambio entre o Atlántico e o Mediterráneo, intégrano nomes tan relevantes de bandas anteriores como Xurxo Souto, Pulpiño Viascón, Xan Xove, Antón Díaz, Martiño Mato ou Olivier Cano.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial