займ срочно

O Festigal 2018 contará cunha Galerías de Letras e Ideas

0

Compostela, 19 de xullo do 2018 –  O Festigal 2018 contará cunha Galería das Letras, con presentacións literarias e venda de libros, e cunha Galería das Ideas, que serve para adquirir e intercambiar coñecementos mediante coloquios e novos proxectos para impulsar a idea de Galiza como nación.

Deste xeito, o programa da Galería das Letras para o 25 de xullo no campus sur de Santiago de Compostela contará ás 17:00 h. coa presentación de “Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio”, de Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo, editado pola Fundación Galiza Sempre. Participan Francisco Jorquera, presidente da FGS; Ana Miranda, eurodeputada polo BNG e vicepresidenta da FGS; Carlos Babío e Manuel Pérez, autores.

Ás 17:30 h. presentarase “Invisibles. Relatos do maltrato”, de Montse Fajardo, de Edicións Matriarcas. Participan Montse Fajardo, autora do libro; e Carme Fouces, responsábel de Igualdade no Concello de Pontevedra.

Ás 18:00 h. é a quenda de “Catalunya e nós”, coordinado por Rubén Cela Díaz e editado pola Fundación Terra e Tempo. Participan representantes de ERC, CUP e JuntsXCat.

“Metodoloxía didáctica do repente galego”, de María Porto e Henrique Salvador,  editado pola Deputación de Pontevedra, presentarase ás 18:30 coa participación de María Porto, Henrique Salvador, autores; Carlos Alonso, presidente da Asociación ORAL; e Xosé Leal, responsábel de Cultura na Deputación de Pontevedra. Ao remate haberá unha demostración de repente galego.

“Os soños na gaiola”, de Manuel María, en edición facsímile ilustrada por Reimundo Patiño, presentarase ás 19:00 h. Participan Montse Pena, profesora da USC; Pepe Barro, deseñador gráfico; e Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María.

Ás 19:30 h. presentarase “Mulleres de Gargamala! Cantares da tradición oral”, de Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio, editado por aCentralFolque. Intervirán Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio, autora e autor do libro, e Alba María, representante de aCentralFolque.

Ás 20:00 h. será a quenda de “Bonus Track”, de Rosalía Fernández Rial, editado por Galaxia. Na presentación estarán Rosalía Fernández Rial, autora do libro; e Francisco Castro, director da Editorial Galaxia.

No espazo de venda de publicacións deste Festigal 2018 participan a Libraría Pedreira, Libraría Chan da Pólvora, AGAL/Através, Editorial Galaxia, aCentralFolque, Urco Editora e Luces.

De xeito paralelo desenvólvese a Galería das Ideas, que nesta ocasión contará coa presentación de “Vía Galega, Plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza”, coas intervencións de Xesús Seixo, María Xosé Bravo e Bruno Lopes, vogais da Coordinadora de Vía Galega. Será ás 17:00 h.

Ás 18:00 h. presentarase o proxecto xornalístico “Sermos O Diario Galego”, con Margarita Ledo, xornalista e cineasta; Comba Campoi, xornalista e actriz; e Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza.

A palestra “Dereito a Decidir dos Pobos de Europa. Democracia e xustiza social” será ás 19:00 h. Trátase dunha actividade de debate no marco dos Encontros Internacionais Dereitos dos Pobos de Europa en colaboración coa Coppieters Foundation e a Fundación Moncho Reboiras. Presenta e modera Marga Do Val, escritora e profesora de Lingua e Literatura Galegas; e interveñen Ana Miranda, eurodeputada do Bloque Nacionalista Galego; Josu Juaristi, secretario de Relacións Internacionais de EH-Bildu; e Jordi Sole, eurodeputado de ERC.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies