займ срочно

O Folk in Río Cumpre doce anos este domingo

0

Touro, 13 de xuño do 2019 – Son xa doce edicións dun dos festivais mais familiares da primavera, a asociación Sobreiras do Ulla organiza este domingo o Folk in Río 2019.

Ses no Folk in Río, imaxe de arquivo

Todo está preparado para disfrutar unha vez máis dun encontro festeiro na beira do río, na área recreativa de Santaia, con distintas actividades e concertos. Cantos de taberna, feira de artesanía, xogos populares, xantar campestre, animación infantil, maxia e moita troula.

O programa musical ábrese ás once e media polos locais do Forte con cantos de taberna. Estarán os grupos Son do Souto e Muxicas da Silvei de San Fins de Sales; A Brincadeira de Carbia; A Pinguela de Barna; A Ferrina Furtiva de Redondela; Revi, Volta de O Pino; Fiadei de Antas de Ulla; O Gustho do Boi de Lestedo; Sarillo de Aiazo de Frades; Vai Nela de Salgueiros; Arricandeira de Arzúa; Stihl Brothers de Compostela; e UGT, Unión Temporal de Ghaiteiros de A Ulla,

Na sesión vermú estarán as Nenas do Sapo Dourado e continuación comida campestre con polbo e churrasco a prezos populares.

A partir de aqui porán a diversión os Bombos de Santiago Portugal, o Mago Dani, Uxía Lambona e a Banda Molona, Malvela e pechará a cita A Banda da Balbina.

A actividade conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies