Vedra, 5 de setembro do 2018 – Este pasado luns Aceites Galego presentaba en Vedra catro novos produtos, incluíndo o primeiro aceite ecolóxico, e coa vista posta nun futuro no que todo o proceso de elaboración realícese no concello.

Olivar de Moura, empresa matriz da denominación Aceites Galeo, nace polas suxerencias dos clientes de Bograo, empresa do mesmo propietario, Manuel Orosa, destinada a servizos agrícolas. Esta é a segunda campaña e como explica Orosa agora xa teñen unha idea clara do camiño a seguir

Son os primeiros pasos pero van cara a construción da primeira almazara de Galicia, chamada a ser a máis importante do noroeste peninsular, que estará situada en Vedra e podería estar en funcionamento en dous anos

Manuel Orosa

Manuel Orosa explica que, ao igual que sucede con outros produtos en Galicia, o agricultor coñece como ninguén o produto e como tratalo e iso, sumado a calidade da terra, da un aceite único

O empresario considera que en 8 ou 10 anos Galicia podería producir aceites que ameacen a hexemonía dos andaluces que, sabedores da calidade recoñecida do sector alimentario galego, comezan a estar moi pendentes de proxectos como este

Ángeles Vázquez

A presentación contou coa Conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, que explicaba que o aceite forma parte da historia de Galicia e que agora ten que pasar a formar parte da actualidade

Aínda sendo un tópico en este caso convertese en realidade e o aceite pode ser unha oportunidade como motor de emprego e de negocio

O alcalde de Vedra, Carlos Martínez,  mostrábase moi ledo polo proxecto e explicaba que se estaban dando os pasos necesarios para poder construir a almazara en un ou dous anos

Carlos Martínez

A cociña

Iñaki Bretal, cociñeiro do Grupo Nove e propietario do Eirado da Leña en Pontevedra, explicaba para Lindeiros a calidade do aceite que se está producindo

Preguntado por cal é para el o mellor prato para combinar co aceite non dubida nin un segundo

As novas variedades

Aceites Galeo presentou catro novos aceites baixo os nomes comerciais de Manolo, Carmiña, Raiña e Moura realizados con distintos tipos de oliva. Destaca Raiña xa que toda a oliva utilizada está recollida en Galicia sendo da variedade Arbequina. Pola súa banda Moura é un aceite cun envase específico para restaurantes e locais gastronómicos e pensado para as as necesidades do sector da restauración. Esta elaborado a partir da variedade Cobransosa recollidas no noroeste peninsular.

A presentación realizouse baixo as oliveiras do Pazo de Santa Cruz de Rivadulla as que se lle atribúen máis de 450 anos de antigüidade. Todos os aceites Galeo pódense atopar en distintos formatos na súa tenda online.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial